CULTURA

The Godfathers chegan ao Compostela Rock co Jukebox Fury Spanish Tour

15/02/2013 Os londinienses The Godfathers chegan a Santiago co seu dentro do ciclo Compostela Rock. Será este sábado 16, a partir das 21:00 horas, na Fundación Autor/SGAE. Xa están á venda as entradas a 15 euros + gastos de distribución anticipada, e a 18 euros na billeteira e poden mercarse en Ticketea, Ticketmaster, A Reixa Tenda e na billeteira do Teatro Principal. O seguinte concerto do ciclo Compostela Rock será cos valisoletanos Arizona Baby e os portugueses The Jigsaw, o venres 1 de marzo, na Sala Capitol.

Os londinienses The Godfathers seguen en pé. E máis que o van a estar o ano que vén, cando se publicará o seu esperado novo álbum, aínda sen título, o primeiro de estudo dende Afterlife (1995). Nel están a traballar en firme estas últimas semanas. Algunhas desas perlas caerán na súa xira española deste mes. Bautizárona así: Jukebox Fury Spanish Tour. Á fronte da formación están Peter (voz e guitarra) e Chris Coyne (baixo), fundadores da banda e a súa perenne célula creativa. Acompáñaos como lugartenente un vello compañeiro de batallas, o guitarrista Del Bartle, que militou na banda que tiñan os irmáns Coyne antes de crear The Godfathers en 1985, The Sid Presley Experience. Na súa discografía atópanse álbums capitais para os seguidores do rock británico máis musculoso, apaixoado e sincero, como son Birth, school, work, death (1988), More songs about love & hate (1989) e Unreal world (1991).

Con eles como ariete enfrontáronse no seu momento a unha contorna ben arisco: aquel cando o Reino Unido vibraba a golpe de rave. Chegaron dez anos tarde para o punk e uns cuantos antes do brit-pop, así que lles tocou nadar ao contraxeito. Pero a pesar diso lograron non só facerse ouvir, senón labrarse un prestixio e un respecto que chega até os nosos días. Porque nas súas cancións, as primeiras e as últimas, segue vivo o eco do Johnny Rotten de "God save the Queen" e o Roger Daltrey de "My generation". Motivados pola reedición, en xaneiro de 2008, do seu primeiro álbum, Hit by hit (1986), pulsaron de novo o botón que puxo en marcha o seu motor. En xuño de 2011 xa nos visitaron e puidemos corroborar que tiñan gasolina de sobras.

**Casualmente, nesta xira os británicos darán o seu primeiro "Saint Valentine's Day Massacre Show" fóra do seu país e Estados Unidos. Trátase dunha tradición que estes "Padriños" cumpren cada ano dende 1985: actuar o 14 de febreiro para conmemorar a matanza que ese día de 1929 tivo lugar en Chicago, ordenada pola Al Capone contra sete membros dunha banda rival.

Compartir: