BENESTAR SOCIAL

O Concello únese á conmemoración do Día Internacional do Cancro Infantil cunha carpa informativa na praza Roxa

15/02/2013 Este 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil. Con tal motivo, o Concello colaborou na montaxe dunha carpa informativa na praza Roxa, aberta de 17:00 a 21:00 horas. As concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez achegáronse ata este carpa.

Arredor de 1.300 nenos e adolescentes ata os 18 anos son diagnosticados de cancro cada ano en España. Dos afectados, preto dun 80% poden superar a enfermidade. Esta xornada de sensibilización incide este ano na importancia do diagnóstico temperán para lograr os mellores resultados.

Compartir: