PREMIO

Un proxecto do IES San Clemente obtén un dos primeiros premios europeos eTwinning

13/02/2013 O Departamento de Cultura colaborou co IES San Clemente nun proxecto de colaboración escolar en Europa. Esta iniciativa, na que os profesores Marcos Vence e Xosé G. Ucha e nove alumnos participaron durante tres anos acaba de gañar o Premio Europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos. O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicado en todas as linguas destes.

O proxecto, denominado Pek, a pulga viaxeira 3 é un proxecto eTwinning (que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar). O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicada en todas as súas linguas, en PDF, web e papel. Permitiu traballar en torno ás linguas, á creación de historias, ao deseño e a diferentes ferramentas informáticas.

Contou tamén coa colaboración dun instituto de Vilagarcía de Arousa e doutros dous de Nájera, polo que se refire á participación española. Ademais, formaron parte do proxecto representantes franceses, italianos, turcos, búlgaros, portugueses e checos.

O premio será entregado durante a conferencia anual, que este ano se celebrará en Lisboa o 14 de marzo.

Direccións relacionadas



Compartir: