CULTURA

"Ñam!" e "Fantasía animada", teatro e música para nenos na fin de semana

08/02/2013 Esta fin de semana vén cargada de programación que ofrece o Departamento de Cultura para adultos como para os máis pequenos. O sábado 9, Caramuxo Teatro representa na Zona C Ñam! en dúas funcións: 17:30 e 19:00 h; e ás 21:00 h no Teatro Principal teremos un novo pase de Luminosa nostalgia, de Sudhum Teatro. O domingo, ás 12;30 h, temos unha cita coa Banda Municipal de Música, que ofrece un concerto especial de Entroido, Fantasía animada. Pecha a programación da fin de semana a Orquestra Gaos cun concerto no Auditorio de Galicia ás 20:30 h, enmarcado no ciclo Novas Orquestras.

Verdadeiramente vivimos tempos convulsos, o cambio é necesario. Luminosa nostalxia é unha viaxe cara a ese cambio. Unha viaxe a Galicia, ao pasado, desde onde coller impulso de cara ao futuro e usar o camiño para recuperar a esencia das cousas, o cheiro dos lugares vividos e o sabor dos momentos máis doces. E se podemos medrar con eles. Sudhum é a produtora de artes escénicas que realiza esta obra. Representa un teatro activamente social e claro, facendo fincapé nos dereitos das minorías e levando a cabo propostas escénicas utilizando outras disciplinas e potenciando o uso de novas tecnoloxías sen deixar atrás o traballo máis artesanal do actor. As entradas, a 10 euros, poden mercarse na billeteira do Principal, aberta de 18:00 a 21:00 h.

Caramuxo Teatro presenta Ñam!, un espectáculo de teatro dirixido a nenos e nenas de 1 a 6 anos. Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos: Porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou chegar do outro lado do mundo. ¡A min encántame o doce! ¡Pois eu prefiro o salgado!. Ñam! é un espectáculo envolvente creado a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia. As entradas custan 5 € (hai un abono familiar mediante o cal 4 entradas custan o equivalente a 3, é dicir, 15 €) e poden mercarse na billeteira do Principal ou na propia Zona C o día do evento.

A Banda Municipal de Música presenta Fantasía animada, un concerto didáctico dirixido por Xosé Carlos Seráns. No programa didáctico estaba dirixido a nenos e nenas entre os tres e os seis anos aproximadamente. No concerto, a Banda interpretará clásicos de Disney acompañados das imaxes dos filmes. A entrada ao concerto é de balde.

Dentro do ciclo Novas Orquestras, chega este concerto da Orquestra Gaos dirixida, como é habitual, por Fernando L. Briones e con Mateo Arnáiz, guitarra. No concerto interpretarán un programa de obras de Rodrigo, Bizet e Rimski-Korsakov. O prezo é de 3 euros (para os abonados do Auditorio é de balde) e poden mercarse as entradas tanto na billeteira do Principal como na do Auditorio o propio día do concerto dende as 18:00 h.

Compartir: