NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística imparte cursos preparatorios para os niveis CELGA 1,2, 3 e 4

08/02/2013 A Concellería de Normalización Lingüística abre un prazo de preinscrición para persoas interesadas en asistir aos cursos de lingua galega preparatorios para os niveis CELGA 1, 2, 3 e 4, que se iniciarán no edificio administrativo Cersia (San Lázaro) o 11 de marzo. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ao 15 de febreiro, e os interesados deben formalizar a mesma no Rexistro Xeral do Concello.

Estes cursos réxense pola Resolución do 27 de decembro de 2012 da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG do 7 de xaneiro de 2013) e están sometidos á aprobación por parte deste organismo. Consecuentemente, esta convocatoria debe entenderse unicamente como unha preinscrición. En calquera caso quedarán suspendidos aqueles que non alcancen o número mínimo de 20 inscricións.

A listaxe de admitidos/as e a resolución definitiva sobre esta convocatoria poderá consultarse na web municipal www.santiagodecompostela.gal/lingua ou no Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (dlg@santiagodecompostela.gal ou 981 542 409). Comunicarase tamén a todas as persoas que se inscriban.

Compartir: