DEPORTES

Adrián Varela analizou as necesidades e deficiencias das instalacións deportivas dos centros educativos da cidade

08/02/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e técnicos do seu Departamento visitaron varios pavillóns deportivos de centros escolares da cidade e reuníronse cos directores dos mesmos.

O obxectivo destas visitas era coñecer de primeira man e analizar as deficiencias nas instalacións cara a súa reparación o máis axiña posible. Nesta ocasión, o concelleiro visitou os pavillóns dos colexios Apóstolo Santiago, Lamas de Abade, Quiroga Palacios, Roxos (Villestro), Pío XII e Vite, así coma o campo de fútbol de Villestro. Nos vindeiros días continuarán as visitas ao resto de instalacións deportivas.

Compartir: