PLENO MUNICIPAL

Pontepedriña tamén contará cunha área de rehabilitación integral de vivendas

24/05/2006 O Pleno da Corporación municipal aprobou a solicitude de declaración de área de rehabilitación integral (ARI) dos grupos de vivendas Compostela e Quiroga Palacios, en Pontepedriña. Esta actuación permitirá reformar 374 pisos, distribuidas en 41 edificios, nos que viven case 900 persoas.

Segundo o alcalde, este proxecto "é un obxectivo moi importante e a actuación vai ser espectacular. Hoxe vemos vivendas moi deterioradas, todas exteriores, pero cunhas características que fan que, cun investimento non moi grande o cambio sexa enorme". Sánchez Bugallo aludiu especialmente aos beneficiarios deste proxecto. "Son vivendas nas que vive moita xente maior e familias de recursos moi limitados", apuntou. Estas obras de rehabilitación suporán unha importante transformación da imaxe do barrio de Pontepedriña.

A declaración como ARI permite unha actuación integral na zona afectada, xa que a rehabilitación realízase tanto no exterior coma no interior das vivendas. Ademais, estas obras van acompañadas doutras de reurbanización das rúas nas que están as casas.

A declaración destes dous grupos residenciais uniríase así á xa realizada no barrio de Vista Alegre, en donde este mesmo ano se rehabilitarán dous bloques de vivendas. A actuación en Vista Alegre afectará a cen vivendas.

Compartir: