CONSORCIO

Unha nova publicación do Consorcio explica as claves do barroco en Compostela

05/02/2013 O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou a última publicación deste organismo, Vega y Verdugo, Peña de Toro y la introducción del barroco en Compostela. A presentación incluíu unha breve conferencia a cargo do autor, Simón Vicente.

Con prólogo de Andrés Rosende Valdés, este estudo de Simón Vicente é unha das maiores achegas que se fixeron á historia do barroco español e ás levadas a cabo por dúas personalidades artísticas barrocas, o coengo fabriqueiro Vega y Verdugo e o arquitecto Peña de Toro.

Compartir: