DEPORTES

Santa Isabel acolle a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas sub 16 e sub 18

05/02/2013 O campo municipal de Santa Isabel acollerá o venres 8 e o sábado 9 a segunda fase do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Femininas nas categorías sub 16 e sub 18. Galicia disputará o torneo xunto cos combinados de Aragón, Estremadura e Madrid.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou esta competición, que enmarcou nas iniciativas que o seu Departamento está a por en potenciar o deporte feminino. Así, Santiago acolleu nos últimos meses diversos eventos de fútbol, ximnasia rítmica ou hóckey feminino.

O campionato da continuidade á primeira fase, que xa se celebrara na cidade en decembro de 2012. Naquela ocasión, Galicia competira con Baleares e Canarias, obtendo bos resultados, especialmente na categoría sub 16, de xeito que as este equipo aspira a conseguir a súa clasificación para a fase final, segundo apuntou o delegado en Santiago da Federación Galega de Fútbol, Enrique Fernández.

A competición desenvolverase en xornada de mañá e tarde en ambos días. O calendario de partidos é o seguinte:

Venres 8 de febreiro:
10:00 h. Aragón – Estremadura Sub 16
12:00 h. Galicia – Madrid Sub 16
16:30 h. Aragón – Estremadura Sub 18
18:30 h. Galicia – Madrid Sub 18

Sábado 9 de febreiro
10:00 h. Estremadura – Galicia Sub 16
12:00 h. Madrid – Aragón Sub 16
16:30 h. Estremadura – Galicia Sub 18
18:30 h. Madrid – Aragón Sub 18

Compartir: