EXPOSICIÓN

A camelia, protagonista un ano mais dunha mostra no Centro Sociocultural da Rocha

02/02/2013 A concelleira María Pardo asistiu á inauguración da IV Exposición da Camelia, organizada pola Asociacion Cultural A Rocha Forte no Centro Sociocultural da Rocha. Estará aberta durante a fin de semana.

Entidades e particulares reivindican un ano máis con esta mostra a camelia, unha especie que, chegada do Xapón, arraigou en Galicia. Tras a inauguración, actuaron o Grupo de Baile Rexional As Revoltosas e o Grupo de Gaitas de Conxo. Para a tarde estaba prevista unha conferencia a cargo de Eusebio López Redondo titulada As camelias modernas.

A xornada do domingo 3 permitirá a visita da exposición entre as 10:30 e as 13:00 h. A esa hora celebrarase o acto de clausura, ao que asistirá a concelleira Reyes Leis. O Concello conta cun expositor na mostra.

Compartir: