PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Comeza na Casa das Asociacións unha nova edición do programa "Imos ao baile"

01/02/2013 O programa Imos ao baile, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais iniciase na súa edición de 2013 cun concerto do grupo Solymar na Casa das Asociacións. Será este sábado, 2 de febreiro, ás 17:30 horas, con entrada de balde ata completar aforo.

A Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais organiza unha nova edición do programa Imos ao baile, dirixido fundamentalmente aos nosos maiores. Serán 27 bailes en 12 localizacións diferentes, que se desenvolverán ao longo de varios sábados do ano.

O programa enmárcase nas actividades en prol dun envellecemento activo programadas dende o Departamento. Trátase dun programa de éxito, e de aí que nesta edición se incremente o número de bailes respecto a 2012 -cando se realizaran 22- con máis actuacións no rural.

O calendario comprende 27 bailes durante os sábados dende febreiro ata decembro. Comezarán, salvo excepcións, ás 17:30 horas, e a entrada será de balde. Nove dos bailes celebraranse na Casa das Asociacións de Cornes e o resto en 11 centros socioculturais, entre os cales destaca a incorporación ao programa do novo Centro Sociocultural de Santa Marta, con dous bailes, e dos centros rurais de Figueiras, Nemenzo e Villestro. Os outros centros e locais que contarán con estas sesións serán os de: Vite, Conxo, A Gracia, Marrozos, Santa Cristina de Fecha, Meixonfrío e Casas Novas.

Direccións relacionadas



Compartir: