CULTURA

Cancelado o concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista

31/01/2013 M Poveda Producciones S. L. informou esta mañá da suspensión do concerto de Miguel Poveda por indisposición do artista. O concerto estaba previsto para este sábado, 2 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Sons’13.

A todas as persoas que xa tiveran mercada a súa entrada devolveráselle a cantidade polo mesmo medio polo que a adquiriron. Dende Novagaliciabanco procederán a realizar a devolución automática do importe das entradas (+ gastos) adquiridas a través das súas canles (Call Center e Internet), na mesma tarxeta coa que se realizou o pago das mesmas. Ademais, poranse en contacto, xa sexa vía email ou vía telefónica, cos compradores que proporcionasen os seus datos, para informarlles da cancelación do mesmo e de que en breve realizarán o reembolso.

Aquelas persoas que mercaran a entrada na billeteira do Teatro Principal poden pasar por alí coa entrada para que lle reembolsen a cantidade. A billeteira do Principal permanece aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.

Dende o departamento de Cultura do Concello de Santiago lamentamos as molestias causadas por esta circunstancia e pedimos desculpas polos problemas que puidera ocasionar.

Compartir: