TURISMO

Santiago de Compostela recibe o premio Trivago Online Reputation Award 2013

30/01/2013 O comparador de prezos de hoteis www.trivago.es premiou a Santiago de Compostela co Trivago Online Reputation Award 2013, o galardón que reconoce as cidades españolas con mellor reputación online.

Alberto Calcerrada, director de Comunicación de Trivago España, entregou o premio á concelleira de Turismo, Reyes Leis Rodríguez, e ao presidente da Asociación Hostalería Compostela, José Manuel Otero, nun acto celebrado no stand de Turgalicia en FITUR. "Para Santiago de Compostela e o seu concello é un orgullo ter o primeiro posto no ranking de reputación online de Trivago, e esperamos seguir estando presentes o ano que vén", apuntou a edil ao recibir o galardón.

Os premios Trivago Online Reputation Awards nacen para recoñecer o bo traballo dos aloxamentos das cidades españolas, xa que a reputación online é un dos factores que máis inflúen tanto na decisión de compra dos viaxeiros como na creación dunha imaxe de marca sólida por parte dos hosteleiros.

Para coñecer qué cidades contan coa mellor reputación online, realizouse un estudo tomando como referencia as 40 ciudades españolas con maior número de hoteis, e tendo en conta 1,7 millóns de opinións de usuarios rexistradas tanto nas diferentes plataformas de Trivago como nas webs de reserva que compara, sendo os hoteis de Santiago de Compostela os mellor valorados do país. Oviedo, Valencia, Burgos e Córdoba, as outras catro cidades con mellor reputación online, también serán galardoadas durante FITUR.

www.trivago.es é un comparador de prezos de hoteis que axiliza os procesos de busca e reserva ao mostrar en tempo real os prezos que máis de 100 portais de reserva online ofertan para máis de 600.000 hoteis de todo o mundo. Fundada en 2005, Trivago conta actualmente con plataformas en 30 países e máis de 18 millóns de visitas únicas ao mes.

Compartir: