CONSORCIO

Laraño recupera o campanario da súa igrexa

30/01/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou a parroquia de Laraño para observar o resultado das obras realizadas na torre da igrexa. Acompañaron ao rexedor e aos veciños nesta visita a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, e os concelleiros Luis Bello, Francisco Noya e Juan de la Fuente.

As obras, executadas polo Consorcio, permitiron recuperar o campanario de igrexa de Laraño, danado por unha tormenta en abril de 2010. Tras realizar no seu día unha intervención de urxencia para evitar o desprendemento da torre, esta foi agora restaurada integralmente. Para iso, desmontouse e reconstruíuse o tramo da cúpula da torre sobre o corpo das campás. Tamén se restaurou a cruz de ferro que coroa a torre.

Os traballos tiveron unha duración de tres meses, investíndose na obra 78.849 euros. O Consorcio xa realizara outra obra nesta igrexa de Laraño en 2002, cando se destinaran 115.000 euros á rehabilitación de cubertas, muros, pavimentos, carpinterías e instalación eléctrica.

Alcalde, concelleiros e veciños aproveitaron a visita para reunirse e falar das principais demandas da parroquia.

Documentos relacionados



Compartir: