FACENDA

A partida da Xunta para o Consorcio de Santiago increméntase en 400.000 euros a raíz dunha emenda da Alcaldía

28/01/2013 A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, anunciou o incremento en 400.000 da partida prevista inicialmente nos orzamentos da Xunta de Galicia para o Consorcio de Santiago. Este crecemento xorde a raíz dunha emenda presentada pola Alcaldía.

Con este incremento, a partida final da Xunta de Galicia para o Consorcio queda en 3,3 millóns de euros. Para Cecilia Sierra, "esta é unha moi boa noticia que reflicte a sensibilidade especial da Xunta coas actuacións do Consorcio". Grazas a esta achega autonómica e ás das demais administracións, o órgano interadministrativo poderá contar en 2013 cun orzamento de máis de 9 millóns de euros.

A concelleira fixo este anunciou tras a reunión da Comisión Informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas.

Documentos relacionados



Compartir: