DEPORTES

Preto de 140 tiradores competirán no VII Trofeo Compostela Esgrima

24/01/2013 O sábado 26 e o domingo 27 de xaneiro, celebrarase no pavillón polideportivo municipal de Pontepedriña o VII Trofeo Compostela Esgrima. Este torneo será puntuable para o ranking galego de espada nas categorías absoluta e de menos de 15 anos, e para o ranking nacional de veteranos nas categorías de florete e espada.

Preto de 140 deportistas chegados de toda a xeografía española daranse cita neste evento, no que competirán tiradores tan destacados como Álvaro Calderón ou Amauris Temó.

Direccións relacionadas



Compartir: