XUNTA DE GOBERNO

Iníciase o trámite de contratación da xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas

24/01/2013 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o inicio do expediente de contratación da xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Ademais, acordou prorrogar o contrato do Servizo de Axuda no Fogar polo prazo dun ano.

A voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, indicou que o tipo de licitación previsto para este contrato de xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas é de 427.229 euros. Corresponderían 320.422 euros ao exercicio 2013, 427.229 ao 2014 e 106.807 ao 2015. Apuntou que a previsión é que a nova xestión destas dúas escolas poida comezar en abril.

A proposta da concelleira de Benestar Social, aprobouse a prórroga do Servizo de Axuda no Fogar, adxudicado á Empresa Geriatros. A prórroga será dun ano a contar dende o 28 de xaneiro de 2013. Esta opción de prórroga estaba contemplada no prego de cláusulas administrativas e no contrato. O financiamento deste servizo afecta a dous anos, 2013 e 2014, coas seguintes contías: 693.805 e 56.254 euros, respectivamente.

Finalmente, a Xunta de Goberno concedeu autorización á empresa Alcampo para a colocación de catro postes con bandeirolas e o nome do establecemento comercial na rúa París (Fontiñas).

Documentos relacionados



Compartir: