ALCALDÍA

Ángel Currás e Maximino Zumalave repasaron a actualidade da Real Filharmonía e da Escola de Altos Estudos Musicais

21/01/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a Maximino Zumalave, director asociado da Real Filharmonía de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.

O encontro foi un máis dos que manteñen con regularidade alcalde e director asociado para falar da Real Filharmonía e da Escola. Nesta ocasión, aproveitaron tamén para dialogar sobre aspectos organizativos e artísticos derivados da incorporación de Paul Daniel como director da orquestra o 1 de xaneiro.

Ángel Currás tivo palabras de agradecemento a Maximino Zumalave polo seu labor para converter a Real Filharmonía "nunha das mellores orquestras do panorama nacional" e pola súa sensibilidade para incorporar calquera concerto temático que lle demande a cidade.

Documentos relacionados



Compartir: