MERCADOS

Reunión da comisión de seguimento das obras do Mercado de Abastos

16/01/2013 Celebrouse no Edificio Cersia e mediante videoconferencia unha nova reunión da comisión de seguimento das obras de remodelación do Mercado de Abastos. A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, representantes do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia e membros da empresa construtora participaron na xuntanza, na que se deu conta da marcha das obras e se realizaron propostas para o axuste de anualidades en relación co programa das obras.

O primeiro asunto da orde do día foi o informe da dirección facultativa e da empresa adxudicataria sobre o estado de execución das obras. Neste punto falouse da afectación ás obras do proceso de marcha e recolocación dos comerciantes situados actualmente na nave 5. Cómpre lembrar que esta nave se vai transformar nun espazo gastronómico.

Compartir: