ALCALDÍA

Emocionada homenaxe ao Rei Gaspar

15/01/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu a homenaxe que se lle realizou no salón vermello a Manuel Formoso, quen durante 38 anos veu facendo de Rei Gaspar na tradicional Cabalgata dos Reis Magos.

Ángel Currás entregoulle a Manuel Formoso unha réplica da coroa que usou en tantas cabalgatas e que forma parte do patrimonio do Concello. O alcalde expresoulle o agradecemento da cidade e da Corporación por "tantos sorrisos cómplices" logrados en nenos e pais durante estes anos.

Manuel Formoso agradeceu ao Concello a homenaxe. Na súa intervención lembrou con emoción moitas das anécdotas vividas neses 38 anos como Rei Gaspar.

Compartir: