EDUCACIÓN

Última xornada do programa de Nadal de Educación antes da volta ás clases

07/01/2013 A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, clausurou no CEIP Pío XII as actividades do programa de conciliación de Nadal organizadas polo Concello neste centro e nos colexios As Fontiñas e Ramón Cabanillas.

Un festival serviu para pechar o programa, do que a concelleira destacou a satisfacción das familias, que tiveron nestas actividades unha alternativa para conciliar os seus horarios laborais coas vacacións dos nenos e nenas. Nesta edición, o programa tivo como fío condutor as tradicións culturais galegas e de Nadal.

Neste programa participaron máis de 70 nenos e nenas que cursan estudos en centros de educación infantil e primaria, entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación Primaria de Santiago. As familias tiñan a opción de escoller entre participar todos os días do programa ou en días soltos. Ademais de anotarse no horario de obradoiros e actividades, os nenos tamén podían facer uso dun servizo de madrugadores ou da opción do almorzo.

Os obradoiros, as actividades lúdicas e deportivas e os xogos combináronse nestes campamentos de Nadal coas visitas a centros de interese da cidade.

Documentos relacionados



Compartir: