ALCALDÍA

Lembrando a Isaac Díaz Pardo e Ramón María del Valle-Inclán

05/01/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Boisaca á ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 77º aniversario do seu pasamento. A continuación, no mesmo cemiterio, participou nos actos polo primeiro aniversario do pasamento de Isaac Díaz Pardo.

Como cada 5 de xaneiro, realizouse unha ofrenda floral onde repousan os restos de Ramón María del Valle-Inclán. O alcalde pronunciou unhas breves palabras nun acto no que tamén particiaron, entre outros, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o presidente da Fundación Valle-Inclán, Gerardo Fernández Albor.

Ángel Currás e parte da Corporación participaron tamén no cemiterio de Boisaca na cerimonia cívica con motivo do primeiro aniversario do pasamento de Isaac Díaz Pardo. Foi un acto moi emotivo, con intervencións de destacados persoeiros da vida cultural galega lembrando a figura do galeguista, música e poesía.

Compartir: