CULTURA

Dani Mateo inaugura o ciclo Falabaratos 2013 no Auditorio de Galicia

04/01/2013 O ciclo Falabaratos, do Departamento de Cultura, trae nova programación neste 2013 e estrea a mesma con Dani Mateo o sábado 12 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

O humorista presenta o seu espectáculo PK2.0 o que Dios nos pille confesados e as entradas están xa á venda a un prezo de 16 € anticipada e 18 € o día do espectáculo. Poden mercarse en Novagaliciabanco (tanto na web coma no teléfono) ou na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas. Ademais, o propio día do evento poden mercarse tamén na billeteira do Auditorio dende as 18:00 horas.

Texto promocional do espectáculo:

PK2.0 Que Dios nos pille confesados está escrito, dirixido e perpetrado por Dani Mateo.

Canto tempo fai que non te confesas? Seguramente tanto coma o protagonista deste espectáculo. Pero probablemente, e a diferenza del, ti non terás a pouca vergoña de facelo en público e cobrando entrada. Se hai un ceo, ten por seguro que ti estás antes na cola.

PK2.0 é unha revisión actualizada e incompleta dos 7 pecados capitais da man dun home que sabe ben do que fala porque traballa na tele, oficio para o cal é máis importante ser pecador que dominar o inglés. Ben, iso tamén ocorre en política, pero estamos a falar de traballos nos que se traballa.

7 monólogos pensados para os luxuriosos, os avariciosos, os lambóns, os envexosos, os irascibles, os perezosos e os soberbios. E se pensas que non es nada diso, entón es máis soberbio do que crees.

Se tes a alma sucia e a noite libre, ven a facer exame deconciencia xunto a Dani Mateo. Non che garantimos o ceo, pero si as risas.

Compartir: