DEPORTES

Os nenos e nenas participantes nas actividades de Nadal do Centro Don Bosco patinaron na pista de xeo

04/01/2013 Continúa aberta a pista de xeo da Alameda, e con ela as visitas de distintos colectivos, co fin de que ninguén quede sen patinar. Desta vez foron os rapaces do Centro Xuvenil Don Bosco os que pasaron polo recinto. Alí con eles tamén estivo o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Os rapaces e rapazas que visitaron a pista de xeo están participando no Bosco Nadal, a programación de actividades para nenos e nenas durante as mañás no tempo das vacacións de Nadal organizada polo Centro Xuvenil Don Bosco. Así, Adrián Varela apuntou que esta visita "serve un pouco como gratificación ao esforzo que fai Don Bosco nesta época do Nadal organizando estas actividades de conciliación, das que se benefician moitas familias de Santiago".

A pista de xeo, instalada no paseo central da Alameda, permanecerá aberta ata o 3 de febreiro.

Compartir: