COMERCIO

Miles de rapaces participaron nas actividades de #nadalamos

03/01/2013 As actividades organizadas polo Concello de Santiago dentro do novo programa municipal #nadalamos contaron xa coa participación de miles de rapaces, que nestes días puideron gozar do Nadal na cidade. #nadalamos aínda non rematou, posto que este venres, 4 de xaneiro, terá lugar un obradoiro de xardinería no Espazo de Exposicións do Hotel Araguaney, de 17:00 a 21:00 horas (non precisa inscrición previa), e a pista de xeo continuará aberta ata o tres de febreiro.

A actividade que tivo un maior número de rapaces foi o Iglú de Papá Noel, que estivo na praza Roxa durante seis días, nos que sumou máis de 5.000 pequenos. Ademais, este ano, dentro do propósito municipal de achegar o Nadal aos barrios do Concello, Papá Noel visitou nun sidecar diferentes puntos da cidade, onde tamén recibiu a visita de centos de rapaces.

Nestes días celebráronse obradoiros de decoración de galletas, globoflexia, pintura facial e chapas, que tiveron lugar en Área Central, praza do Toural, praza Roxa e na Confederación de Empresarios de Galicia. Tamén se proxectaron as películas A historia interminable e Pesadelo antes de Nadal no Centro Sociocultural do Ensanche. Nestas actividades participaron máis de 700 rapaces.

Compartir: