HOMENAXE

Santiago rende homenaxe aos presos republicanos que axudaron a construír a pista do aeroporto

20/05/2006 O alcalde e varios membros da Corporación participaron na homenaxe tributada aoss máis de 2.000 presos republicanos que foron obrigados a traballar na construción da pista do aeroporto compostelán entre 1939 e mediados dos corenta. Con tal motivo, descubriuse unha placa conmemorativa no campo da festa de Lavacolla.

A Fundación 10 de Marzo promoveu o recoñecemento público destes homes, procedentes na súa maioría do norte de España, que forman parte dunha parte da historia de Santiago ata agora case esquecida. Algún dos veciños de máis idade de Lavacolla aíndan lembran a estes prisioneiros e as súas penurias ó longo de tantos anos de traballos forzados.

Compartir: