DEPORTES

A S.D. Compostela quedou co trofeo Concello de Santiago conmemorativo do 50º aniversario do club

29/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu no Estadio de San Lázaro, o partido benéfico entre a S.D. Compostela e un combinado galego co que se conmemoraba o 50º aniversario do club. O trofeo, que leva o nome do Concello de Santiago, foi finalmente para o equipo local, que gañou por penaltis tras rematar o tempo regulamentario con empate a un.

Este encontro, ademais de para celebrar os 50 anos da S. D. Compostela, servíu para recadar fondos destinados a sete entidades sociais: COGAMI, Down Compostela, Feafes, Xuntos Podemos, Fundación Andrea, Fundación Sarela e Proxecto Home.

Preto de 1.000 persoas asistiron ao partido. Antes do inicio, a Banda Municipal de Santiago intrepretou o himno do club. A xogadora Verónica Boquete realizou o saque de honra.

Compartir: