CULTURA

"Navidad máxica en concerto" trae ao Auditorio de Galicia a Papá Noel, Pocoyo, Caillou e o Winx Club

27/12/2012 Dentro da programación de Infantil & Familiar que o Departamento de Cultura organizou para este Nadal chega o venres 28, organizado pola Cadea Cope, o espectáculo Navidad máxica en concerto con Papá Noel, Pocoyo, Caillou e Winx Club. Haberá dúas funcións do espectáculo: ás 16:30 e ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia. As entradas, a 22 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, en Novagaliciabanco ou na billeteira do Auditorio o propio día do evento dende as 15:00 horas.

O espectáculo será unha viaxe onde Papá Noel levará os nenos a algúns dos mellores momentos das actuacións en vivo dos seus amigos, nun espectáculo máxico. Os rapaces poderán lembrar algunhas das súas cancións favoritas, como "P-A-T-O", de Pocoyó; "Única", das Winx; e "Soy", de Caillou. E tamén cantarán cancións tradicionais de Nadal no karaoke de Papá Noel.

O escenario terá un sentimento navideño e será un espazo onde os personaxes contarán ao público un pouco dos seus universos individuais. O deseño xeral de escenario é un salón típico do Nadal cunha cheminea (entrada dos bonecos), a árbore de Nadal, calcetíns, agasallos, etc. A proxección de vídeo ofrecerá un pano de fondo para mellorar o ambiente de karaoke.

Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas de 2 a 6 anos, está dividido en dúas partes de aproximadamente 30 minutos cada unha, cun descanso de 20 minutos polo medio.

Compartir: