ALCALDÍA

O Concello patrocina o partido benéfico do 50º aniversario do Compostela

26/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, entregou o trofeo do Concello de Santiago ao Comité organizador do 50º Aniversario da S.D. Compostela. Esta copa será a que reciba o gañador do partido benéfico que para conmemorar esta efeméride se celebrará o 29 de decembro, ás 16:30 horas, no Estadio de San Lázaro, entre a S.D. Compostela e un combinado de xogadores galegos.

Este partido, ademais de para celebrar os 50 anos da S. D. Compostela, servirá para recadar fondos destinados a sete entidades sociais: COGAMI, Down Compostela, Feafes, Xuntos Podemos, Fundación Andrea, Fundación Sarela e Proxecto Home. A esta dimensión benéfica e tamén á deportiva se referiu o alcalde na entrega do trofeo ao presidente do Compostela, Antonio Quinteiro, animando os composteláns a achegarse a San Lázaro o 29 de decembro.

O prezo da entrada para este partido é de cinco euros. Ademais, abriuse unha fila cero co número de conta 2080 0300 88 3040 152961, para que calquera cidadán poida sumar a súa contribución económica a esta acción solidaria.

Documentos relacionados



Compartir: