CONSORCIO

Os nenos converteranse en investigadores nos talleres da nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago

21/12/2012 O sábado 22 continúan os talleres para nenos na nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago, na praza das Praterías, introducindo unha nova dinámica que fará que os máis pequenos se convertan por unhas horas en detectives á procura do segredo que esconde a Compostela medieval. Os obradoiros están orientadas a nenos de entre 6 e 12 anos: os sábados ás 12:00 e ás 18:00 e os domingos ás 12:00 horas.

Os nenos irán percorrendo as salas do Museo recollendo diferentes pistas e superando varias probas, ata chegar a descubrir o segredo final. Ademais, descubrirán quen habitaba a Compostela medieval, como vivían e en que traballaban, e mesmo poderán percorrer a muralla da cidade.

Os talleres teñen unha duración aproximada de dúas horas e custan 3 euros por persoa. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 576 661 ou preguntar na propia billeteira do Museo.

Compartir: