EDUCACIÓN

Un grupo de escolares ibicencos visitou o Concello

19/05/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, recibiron a un grupo de alumnos de secundaria de Ibiza, no marco do programa "Coñecer as cidades patrimonio". O acto tamén serviu para a entrega dos diplomas a todos os alumnos de Santiago que participaron na edición 2006 desta iniciativa cultural: o C. Seminario Menor da Asunción, o IES Eduardo Pondal e o IES Rosalía de Castro, que foi o gañador.

Durante a súa estancia en Santiago, o grupo do colexio La Consolación, de Ibiza, gozou dunha axenda de visitas educativa e culturais preparadas especialmente para a ocasión. Deste xeito cumpríase co obxectivo do programa "Coñecer as cidades patrimonio": o intercambio entre cidades. Os alumnos de Santiago viaxaron xa á cidade balear entre o 11 e o 13 de maio. Logo tocará a viaxe a La Laguna, onde se coordinou este ano o programa e o lugar no que se celebrará o encontro final de todos os grupos gañadores.

Sánchez Bugallo lembrou o carácter histórico de Ibiza, "unha cidade que é máis antiga que Santiago, malia o que a xente poida crer, cunha rica rica tradición fenicia e cartaxinesa". Pola súa parte, Elvira Cienfuegos apuntou o seu desexo de que a viaxe lle servira ós alumnos para "enriquecerse e coñecer a diversidade do noso entorno".

Compartir: