COMERCIO

Santiagolandia: diversión para os máis pequenos durante o Nadal en Amio

20/12/2012 A concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, presentou a primeira edición de Santiagolandia, un parque infantil que estará instalado do 22 ao 30 de decembro no recinto feiral de Amio. Obradoiros, atraccións, xogos, e deportes para pasar unhas xornadas cheas de diversión durante este Nadal.

O Concello de Santiago colabora con Santiagolandia, evento impulsado por Organización Feiral Galega. O seu representante, explicou que a entrada, a un custo de 5 euros, permitirá acceder á práctica totalidade das actividades previstas neste amplo parque infantil. Unicamente haberá un simulador de velocidade para mozos e adultos cun custo á parte. O horario será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. O parque non abrirá o día 24, pero si o día 25 pola tarde. O día 27, no que hai feira de gando, tamén abrirá só pola tarde.

A oferta de Santiagolandia inclúe: ludoteca, concurso de karaoke infantil, campionatos de xadrez e ping pong, exhibicións de baile, pista de minigolf, tiro con arco, xogos de mesa, inchables, futbolín, xogos populares, talleres e barro, chapas e pintura, pista de scalextric, circuíto de seguridade viaria, coches de choque, sala de xogos multimedia e moios máis xogos e actividades.

Compartir: