ALCALDÍA

O alcalde expresa ante os traballadores municipais o seu desexo de que en 2013 se albisque un "horizonte de esperanza"

19/12/2012 Celebrouse no salón vermello de Raxoi a tradicional recepción de Nadal aos traballadores municipais, presidida polo alcalde compostelán. Tanto Ángel Currás como a concelleira de Persoal, Amelia González, expresaron o seu desexo de que, tamén para os funcionarios públicos, o 2013 sexa menos dificultoso que o 2012 e que no novo ano se albisque un "horizonte de esperanza" fronte á crise económica.

O alcalde realizou un recoñecemento ao traballo diario dos empregados municipais fronte á "banalización" do concepto de funcionario, e aínda máis no actual contexto económico de crise. Neste sentido, malia lamentar os axustes, lembrou que "neste Concello non hai despedimentos coma noutros, e as condicións dos seus traballadores son mellores que as doutras administracións". A esta mesma cuestión se referiu a concelleira de Persoal, Amelia González, quen indicou que "non son bos momentos para ninguén", pero "temos que celebrar que todos seguimos aquí".

Compartir: