ALCALDÍA

Agradecemento municipal aos traballadores xubilados en 2012 polo seu labor de tantos anos en prol da cidade

18/12/2012 Como cada ano por estas datas, os traballadores municipais xubilados durante o exercicio foron recibidos polo alcalde, Ángel Currás. No acto entregóuselles unha placa en recoñecemento polo seu labor durante tantos anos no Concello de Santiago.

Ángel Currás expresoulles aos traballadores a súa "gratitude polos anos de servizo á casa, á cidade e ás súas xentes", unha gratitude "fundada e consolidada por anos e anos de traballo". Agradeceulles a súa contribución á transformación da cidade cun traballo "discreto e anónimo".

Finalmente, desexoulles unha feliz xubilación. "Dise que cada tempo ten o seu afán, e agora estades no umbral dun tempo con afáns novos, para os que vos desexo o mellor", concluíu.

Os traballadores xubilados en 2012 foron: Filomena Casal Bolaño, Educación; Concepción Canedo Barreiro, Mercado de Gando (ausente); Ángel Hernández García, Vías e Obras; José Manuel Fontán Prieto, Urbanismo; Herminio Grille Nieto, bombeiro; Javier Lapido Torrado, bombeiro; Josefa Amelia Bouzas Ferreiro, auxiliar administrativa; Isidro Mendoza, PAM (ausente); José Luis Barral Carollo, bombeiro; Carlos Bescansa López, Urbanismo; Manuel Enjo Garazo, Vías e Obras; José Sánchez Carollo, bombeiro (ausente); Marcelino Pérez Manteca, Policía Urbanismo; Antonio Balado Riveira, bombeiro; e José Manuel Ferreira García, bombeiro.

Direccións relacionadas



Compartir: