ALCALDÍA

O Grupo de Cidades Patrimonio prepara a súa presenza no Congreso Mundial de Cidades Patrimonio de Oaxaca (México)

17/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu en Ávila á xuntanza da Comisión Executiva do Grupo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Entre outros asuntos, a Comisión Executiva afondou nos preparativos da presenza das Cidades Patrimonio de España no XII Congreso Mundial da Organización das Cidades do Patrimonio Mundial, que se celebrará en Oaxaca (México) do 19 ao 22 de novembro de 2013.

A Comisión tamén acordou que Santiago de Compostela obstente a vicepresidencia segunda da Comisión de Educación e Cultura do Grupo. Esta Comisión será a encargada dos actos de conmemoración do 20º aniversario da constitución do Grupo, que terán lugar en setembro de 2013 en Ávila, ciudad na que se creou a asociación.

Compartir: