COMERCIO

Amplíase o prazo de inscrición no Concurso de Beléns e de Ambientación de Nadal

17/12/2012 O Concello amplía o prazo de inscrición nos Concursos de Beléns e Ambientación de Nadal ata o venres 21 de decembro, respondendo as solicitudes de diferentes entidades.

O Concurso de Beléns conta con dúas categorías: individual e colectiva. Na individual pode presentarse calquera persoa física que figure inscrita no padrón municipal. Na categoría colectiva poderán participar e inscribirse os colexios e todo tipo de asociacións, institucións e entidades cidadáns.

A principal novidade desta segunda edición atópase no Concurso de Ambientación de Nadal, que este ano conta tamén con dúas categorías: unha para establecementos de hostalería, que xa estaba o ano pasado, e outra para comercios, que poden participar este ano por primeira vez.

As bases do concurso poden consultarse en www.cersiaempresa.org. A inscrición pode facerse a través do envío dun correo electrónico a comercio@santiagodecompostela.gal.

Compartir: