ALCALDÍA

Gas Natural informou o alcalde sobre os investimentos previstos pola compañía enerxética en Santiago

14/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse co director xeral de Gas Galicia, Roger Serrat. Este comunicoulle que a compañía enerxética investirá durante o ano 2013 preto de 700.000 euros na cidade.

Durante o encontro, no que falaron sobre a actividade de distribución de gas natural no municipio e os proxectos e previsións de inversión, Serrat destacou que Gas Galicia xa investiu más de 10 millóns de euros na construción de redes de distribución e instalacións de gas natural na capital galega. Ademais, ao longo de 2013, Gas Galicia dará subministro de gas natural aos hospitais Psiquiátrico de Conxo, Médico-Quirúrxico de Conxo e Gil Casares.

Rede de distribución de Santiago
Actualmente, preto de 20.000 fogares, negocios e industrias de Santiago de Compostela utilizan gas natural grazas a unha rede de distribución de máis de 160 quilómetros de lonxitude, o que permite que gran parte dos habitantes da cidade poidan ter acceso a esta enerxía.

Compartir: