DEPORTES

Santa Isabel acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol feminino nas categorías sub-16 e sub-18

13/12/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-16 e sub-18 de fútbol feminino que se celebrará no campo municipal de Santa Isabel os días 20, 21 e 22 de decembro. Nesta fase participarán as seleccións de Galicia, Baleares e Canarias.

Os partidos celebraranse nas tres xornadas ás 10:00 (Sub-16) e ás 12:00 horas (Sub-18). O día 20 enfrontaranse Galicia e Canarias, o 21 Canarias e Baleares, e o 22 Galicia e Baleares, segundo explicou o delegado en Santiago da Federación Galega de Fútbol, Enrique Fernández. A entrada é de balde.

Adrián Varela enmarcou esta competición na "política de discriminación positiva" que pretende realizar o seu Departamento coa intención de que "o deporte feminino ocupe un papel importante en Santiago". En concreto, no ámbito futbolístico, referiuse a eventos como o partido internacional entre España e Austria, ou o Campus Verónica Boquete, cuxa segunda edición se celebrará a finais deste mes de decembro. Ademais, lembrou que o equipo feminino da S. D. Compostela compite na Segunda Nacional.

Documentos relacionados



Compartir: