ALCALDÍA

"Os tesouros da illa de Granellandia" introduce os nenos no universo Granell

12/12/2012 O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro Os tesouros da illa de Granellandia, editado polo Consorcio en colaboración con El Patito Editorial. Con esta nova publicación, o Consorcio quere sumarse aos actos conmemorativos do Centenario de Eugenio Granell.

Esta é a historia dos tesouros descubertos na Illa de Granellandia, a través dunha viaxe de ida e volta no cometa do surrealismo, propulsado por un vendaval de soños… Un percorrido da man de Paco López-Barxas para introducir ás nenas e aos nenos na vida e obra dun pintor xenial, Eugenio Granell. Un conto de amor, paixón e poesía.

Ademais do alcalde e do autor, Paco López-Barxas, no acto participou, entre outros, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez.

Compartir: