PARQUES E XARDÍNS

Sorteadas as hortas de Fontiñas

12/12/2012 O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o sorteo das hortas urbanas municipais deste barrio entre as solicitudes presentadas. A concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, presidiu o acto.

As 37 novas hortas urbanas municipais dispoñibles en Fontiñas recibiron 187 solicitudes, das que 164 foron finalmente admitidas. Como novidade, dúas das hortas serán cedidas a colectivos: a Asociación de Veciños As Fontes e Cáritas Vagalume.

Das restantes hortas, dez serán para os que cumprían os primeiros criterios de prioridade na adxudicación, isto é, por razón de idade e por estar a menos de 500 metros de distancia das hortas. Outras 11 hortas cederanse aos que entraban na seguinte orde de prioridade, cumprindo os requisitos de idade e residindo a máis de 500 metros.

As outras 14 hortas foron as sorteadas neste acto entre as demais solicitudes, 76 delas correspondentes a veciños de Fontiñas e 65 doutros barrios.

Cómpre lembrar que a ordenanza reguladora non permite dispor de máis dunha horta na mesma unidade familiar nin en dous lugares diferentes.

Compartir: