CULTURA

Los Enemigos chegan a Santiago coa súa "Revuelta Enemiga" dentro do Compostela Rock

12/12/2012 Los Enemigos chegan a Compostela, 10 anos despois, coa súa xira Revuelta Enemiga, da que ofrecerán dous pases logo de que se esgotaran as entradas para o primeiro concerto. Será xoves 13 e venres 14, con apertura de portas ás 20:30 horas, na Sala Capitol, dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas para o venres 14 poden mercarse a 20 € + gastos de distribución anticipada e 25 euros o día do concerto na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en Ticketmaster, A Reixa Tenda, Ticketea e www.salacapitol.com.

Dez anos despois de despedirse de Compostela e de pechar a súa carreira, agora volven reunirse para presentar esta Revuelta Enemiga. En principio non volven para quedar. Farán esta quenda de concertos e cando termine a xira, cada rato ao seu burato. Tampouco tiñan previsto en principio gravar un novo disco, pero teñen novas cancións que, sen chegar a ser un elepé, gravaran no 2013.

Ademais, a principios da próxima primavera esperan publicar un DVD que reflicta o especial que foi a súa xira de despedida. O disco confeccionarase con material extraído dos últimos concertos en Santiago de Compostela e Madrid.

Compartir: