ABASTECEMENTO

Presentado en Santiago un novidoso sistema de limpeza de canalizacións mediante xeo

12/12/2012 O concelleiro de Abastecemento e Saneamento, Luis Bello, asistiu xunto con responsables da empresa Aqualogy, á presentación en Santiago dun novedoso sistema de limpeza das redes de subministro mediante a inxección de xeo líquido. A demostración realizouse na praza do Obradoiro.

Grazas a este sistema, denominado ice pigging, introdúcese a presión xeo granizado na tubería a unha temperatura de -5 ºC. Este xeo arrastra os sedimentos e depósitos incrustados no interior das canalizacións e produce un efecto desincrustante moi superior ao das drenaxes con auga ou outros sistemas convencionais.

Esta técnica pode aplicarse a todo tipo de canalizacións, desde as de auga potable ata os sumidoiros. Ademais, é unha solución válida para tamaños de tubería para os que non hai dispoñibles outros métodos de limpeza. Este servizo é ofrecido por Aqualogy, empresa do Grupo Agbar, que en Santiago xestiona a rede de abastecemento de auga a través de Aquagest,

Compartir: