ALCALDÍA

Reunión do Padroado da Fundación Asilo San Castor e Santa Adelaida

11/12/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á reunión do Padroado da Fundación Asilo San Castor e Santa Adelaida, vinculada ao Proxecto Home – Fundación Monte do Gozo e na que participan Concello, Universidade e Arcebispado.

A Fundación dedica os seus fondos a fins de interese social. Ademais, é propietaria dos terreos onde se sitúan as instalacións do Proxecto Home, polo que os seus ingresos ordinarios están destinados á conservación e mantemento desta finca.

Compartir: