XUVENTUDE

A quinta edición do certame MúsicaXove xa ten os seus sete finalistas

05/12/2012 O MúsicaXove’12, certame organizado pola Concellaría de Xuventude, xa ten seleccionados os seus finalistas. Son 7 grupos elixidos entre as 44 propostas iniciais de toda Galicia: 26 bandas de pop-rock, 8 de metal e 10 doutras músicas. As finais celebraranse o xoves 20 de decembro, a partir das 21:30 horas, na Sala Capitol.

Na categoría de pop-rock, o xurado elixiu tres finalistas: Priscila, All Less One e Alex Casanova. Os dous grupos seleccionados na modalidade de metal foron Anterga e Oceans Garden, mentres que os finalistas na categoría doutras músicas foron Tuti Fress e Caxade.

Entre os requisitos máis importantes para poder participar nesta quinta edición de MúsicaXove destacan o non ter editado ningún disco, agás os autoeditados, nin contrato con algunha discográfica. En canto ao xurado, estácomposto polo concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, en calidade de presidente; o locutor dos 40 Principais Gabi Davila; o xerente da Sala Capitol, Antonio García Borrazás; o promotor musical Martín Calviño; o promotor musical Farruco Castromán, o músico é técnico responsable dos Locais Municipais de Música para a Xuventude de Compostela, Jesús Magaña; e como secretario o xefe do Departamento de Xuventude, Enrique Vázquez.

Este mesmo xurado, encargado de dar o veredicto o día do concerto final, escoitou previamente as maquetas, para seleccionar a dous participantes por modalidade, agás na modalidade de pop-rock na que se decidiu polo número de grupos e pola súa calidade que pasaran tres á fase final de actuación en directo. Os seleccionados tocarán obrigatoriamente no concerto os dous temas presentados na maqueta e dous temas a maiores de elección libre.

Compartir: