ALCALDÍA

Descuberta unha placa de homenaxe no inmoble da rúa da Caldeirería onde residiron Eugenio e Mario Granell

28/11/2012 O alcalde compostelán e co-presidente do Padroado da Fundación Granell, Ángel Currás, descubriu no número 6 da rúa da Caldeirería unha placa homenaxe a Eugenio e Mario Granell, dentro dos actos conmemorativos do aniversario de Eugenio Granell.

A familia Granell viviu moitos anos neste número 6 da rúa da Caldeirería. Aí pasaron Eugenio e Mario a súa infancia, adolescencia e xuventude. Eugenio cursou os seus estudos de bacharelato e iniciou a súa formación musical, mentres Mario cultivou a súa afección pola pintura. A colocación dunha placa conmemorativa permitirá lembrar a estes dous grandes intelectuais.

Ao acto asistiron, ademais do alcalde, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o ex alcalde Xerardo Estévez; membros do Padroado e familiares e amigos achegados ao artista que, coa súa achega desinteresada, contribuíron a que este acto puidera levarse a cabo.

Compartir: