FAMILIA
A xornada contou con actividades lúdicas, contacontos, música, xogos de todos os estilos e un peche especial, coa representación da obra financiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade "Antía, Wamba e o regato pequeno", posta en escena polo grupo de teatro A Tropa de Trapo. Así, todos se deron a man a favor da paz, representado valores como a amizade, o dereito a xogar, a rirse e a ser feliz.
No acto participou a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, quen deu as grazas aos asistentes e animou a todas as entidades presentes no Palacio de Congresos -Cruz Vermella, UNICEF, Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos, Red Madre e Asociación Manaia- por traballar e favor dos dereitos dos nenos e nenas e por seguir loitando pola igualdade e un futuro mellor.
Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Máis de 1.000 persoas participaron nos actos conmemorativos do Día Internacional dos Dereitos dos Nenos
26/11/2012 O Palacio de Congresos de Santiago converteuse nun altofalante de tolerancia, respecto e liberdade para os millóns de nenos e nenas que habitan no planeta no Día Internacional dos Dereitos dos Nenos/as.
Xogar é unha fonte inesgotable de pracer e alegría, que nos permite un crecemento equilibrado do corpo, a intelixencia e a sociabilidade. Agora e sempre, o xogo é un elemento fundamental na formación das persoas. Para reivindicar a súa importancia, celebrouse esta xornada, organizada dende a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego coa coordinación do Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais.A xornada contou con actividades lúdicas, contacontos, música, xogos de todos os estilos e un peche especial, coa representación da obra financiada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade "Antía, Wamba e o regato pequeno", posta en escena polo grupo de teatro A Tropa de Trapo. Así, todos se deron a man a favor da paz, representado valores como a amizade, o dereito a xogar, a rirse e a ser feliz.