ALCALDÍA

Unha nova publicación eloxia a figura de Gerardo Fernández Albor

23/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu en Raxoi a presentación do libro Gerardo Fernández Albor, la elegancia del compromiso, escrito por Enrique Beotas e Sergio Casquet, e editado por Quindici Editores.

A publicación recolle as conversas mantidas polos autores co primeiro presidente da Xunta, cuxa figura foi eloxiada polo alcalde no acto. Ángel Currás falou da súa vinculación con Santiago e permitiuse imaxinar un Fernández Albor alcalde da cidade. "Sen ter esa ambición, xa exerceu en moitas ocasións -polo mundo adiante- de representante de Compostela, sen necesidade de investiduras formais, coa lexitimidade que lle conferiron os afectos cidadáns e co poder de persuasión que lle confire a súa propia cultura", apuntou.

O alcalde recomendou o libro para "coñecer e non esquecer consideracións tan intelixentes e cultas, tan humanas e entrañables, como as que atesoura este volume".

O propio Gerardo Fernández Albor asistiu á presentación desta particular biografía, que tamén recolle fotografías inéditas e textos de diversas personalidades sobre o protagonista. Presidiu o acto o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Compartir: