NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Segundo paseo literario organizado polo Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega

23/11/2012 O sábado 24, ás 12:00 horas, sairá dende a fachada do Hostal dos Reis Católicos o segundo dos paseos literarios previstos este outono polo Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

A guía escollida para esta ocasión é Marilar Aleixandre, autora do texto base deste itinerario polo Casco Histórico que cruzará despois a Alameda e acabará no lavadoiro de Cornes. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, sumarase a este paseo.

Para participar no paseo non é necesaria inscrición previa. unicamente cómpre achegarse ao punto de encontro o sábado a medio día e sumarse ao percorrido para coñecer un pouco máis da Compostela literaria.

Compartir: