CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural do Ensanche acolle a Xornada Europea do Emprego 2012

23/11/2012 O Centro Sociocultural do Ensanche acolle un ano máis as Xornadas Europeas do Emprego 2012, organizadas por EURES Trasnfronterizo Galicia-Norte de Portugal. A entrada é libre, sen necesidade de ningunha inscrición previa.

O 26 e 27 de novembro, dende as 10:00 ata as 18:00 horas, será unha boa oportunidade para contactar con especialistas nos mercados de traballo de outros países e saber mais sobre as oportunidades de mobilidade laborais en Europa cun asesoramento especializado e personalizado.

Nas Xornadas Europeas do Emprego poderase contactar con asesores EURES con coñecementos especializados sobre as posibilidades de traballo en Europa. Así, no CSC do Ensanche haberá conselleiros EURES de Alemaña, Suecia, Noruega, Holanda, Portugal, Reino Unido, Italia e Finlandia que atenderán individualmente os interesados.

Tamén haberá sesións divulgativas sobre o emprego nestes países, grazas ás que se poderá coñecer como é a vida e o traballo noutro país europeo e atopar novas oportunidades de emprego

Direccións relacionadas



Compartir: