ALCALDÍA

O alcalde recibiu os membros da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados

22/11/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os membros da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados.

A delegación estaba encabezada polo presidente da Comisión, Juan Manuel Albendea, e a vicepresidente primeira, Celinda Sánchez García. Tamén estivo presente á presidenta da Comisión de Educación e Deporte do Senado, María Jesús Sainz García.

Os integrantes da Comisión están en Compostela no marco das iniciativas da Fundación Cidade da Cultura para dar a coñecer o proxecto do Gaiás a representantes de institucións relacionadas coa área cultural.

Compartir: